Visit Citebite Deep link provided by Citebite
Close this shade
Source:  http://castelao.tripod.com/files/cousas1.htm

-¿E se ao dar a volta a terra caese a auga do mar enriba do sol?

Así quexeran que sempre fose a nosa Terra.

-O médico dixo que meu pai ten un catarro intestinal.

-¿E por onde tose?

-¿Que me das e son teu mozo?

-¿Eu?, Eu douche unha labazada.

-Mire que teña ben de zucre, que se non zorrégolle unha pedrada.

-Dame unha chupada, anda.

-É de chocolate.

-Anque sexa.

-A mi gustas una barbaridá, sabes?, pero como eres can de palleiro...

-Vaites, Vaites,...

-¿E para que son os deputados?

-Eu non o sei meu fillo.

-Pola alma dos seu defuntos, Señor, déame para ir ao cine, que estou seguindo unha película e non a podo deixar.

O SAPO: ¡Ainda hai cans! ¡Ainda hai cans!

ORADOR POLÍTICO: Yo os juro bajo mi palabra de honor.... (risas).

-¿Por que non lle dás de comer ao can?.

-Para o que traballa...

-Pois entón, ¿Por que non o matas?

-Para o que come.

O SAPO 1º: O home manda en todo.

O SAPO 2º: Pero o home é escravo do home.

A felicidade, lonxe dos homes.

-Disque van subir os selos das cartas.

-¡Que ben fixemos en non saber escribir!.

-¿E a consulta que ides tomar é de médico ou é de avogado?.

-Gracias a deus polo de agora é de médico señor.

-¡Pobriña! Morreulle un canciño que lle chamaban "Fifi".

-Debes mostrarte amable con Pepe.

-Pero es idiota.

-Aunque no lo fuese, hija mía.

-Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.

-Si; pero tiene un acento tan gallego...

-¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!.

-Boeno... Xa empezamos coas indiretas...!

-O noso candidato vale moito, moito!.

-¿E como se chama?.

-Home..., non me acordo.

-Yo nunca sentí la necesidad de saber gallego.

-Es que esa necesidad no se siente en la barriga.

-¡Qué aburrido estás desde que no mandas...! ¿Por qué no aprendes ortografía y te entretienes?.

-O meu neto morre, que xa mo dixo o médico.

-Non fagas caso. Se cho dixese un avogado, aínda....

-Fixemos unha rogativa para que San Roque nos librase da peste... ¿e sabes quen levou o estandarte?.

-Foi o cacique.

-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón.

-Eu estudio para vos redimir.

-¿E o que escribie os libros tamén estudiou nos libros?.

O MÉDICO: ¿Non dixeches que sacharías de balde na miña horta se te curaba?.

O PAISANO: Diría, si, señor; como tiña tanta febre...

-Hai que defender España.

-Mellor sería que España nos defendese a nos.

-Ela non me quería e mateina.

-Eu pensei que ían repartir as riquezas.

-Pois eu xa me daba por satisfeito se repartisen a fame.

-Do mar non facían caso.

-Pensarían que se facían as sardiñas nas fábricas.

-Tamén no meu tempo houbo cousas grandes que non serviron para nada.

-Se os nosos deputados fosen cataláns, sacaban o ferrocarril.

-Abondaba que se sentisen Galegos.

-Se vostede non cre en nada, ¿Por que foi de vela na procesión?.

-Porque levaba o estandarte don Fulano.

-Nas cidades prohibiron os pobres.

-Sería mellor que prohibiran a probeza.

¡Que pequenos son os homes!

-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba. ¡Aféitate, home, aféitate!.